DETEÑEN UN FURTIVO EN VIGO POR RESISTENCIA E DESOBEDIENCIA Á AUTORIDADE

 In Noticias

Axentes da Policía Autonómica interviñeron 5 quilos de percebe que foran extraídos de xeito ilegal na zona da illa de Toralla e que foron entregados a unha asociación benéfica

A Policía Autonómica detivo en Vigo a un home como presunto autor dun delito de resistencia e desobediencia á autoridade. Segundo informou este venres a Xunta de Galicia, ao acusado se lle comisaron 5 quilos de percebe durante un dispositivo que tivo lugar o pasado martes.

 

Ese día, tras o requirimento do GARDAPESCA da Confraría de Pescadores de Vigo, os axentes identificaron a un home que estaba a extraer percebe de xeito ilegal na zona da illa de Toralla e levantaron unha acta de infracción á Lei de Pesca de Galicia.

 

Pasado un tempo, volveron ser requiridos polo GARDAPESCA, que recibiu ameazas do mesmo individuo tras comisarlle unha bolsa con 5 quilos de percebe cando este regresara ao lugar dos feitos a continuar coa actividade extractiva.

 

Os policías procederon á súa detención e “tamén recibiron ameazas e insultos por parte deste varón, que ademais ofreceu resistencia”. O arrestado foi trasladado por estes feitos á comisaría da Policía Nacional en Vigo para a tramitación dun atestado policial. O marisco intervido foi entregado a unha asociación benéfica de Vigo.

 

Fuente; https://www.vigoe.es/medioambiente/detenen-un-furtivo-en-vigo-por-resistencia-e-dLa Guardia Civil decomisa 65 kilos de percebe en una operación en la costa de Bens

Recent Posts
Contact Us

We're not around right now. But you can send us an email and we'll get back to you, asap.

Start typing and press Enter to search